Cargando...

Coronella austriaca


Cobra lagarteira común

É una cobra completamente inofensiva de tamaño pequeno (os adultos miden entre 50 e 60 cm cun peso de 40 a 50 gramos), de corpo cilíndrico e pescozo apenas diferenciado. Destaca a súa cabeza ovalada vista desde arriba, mandíbula superior maior que a inferior.

Conta con escamas lisas, con coloración grisácea que varía ata o pardo. Sobre esta cor sucédese unha aliñación de manchas aliñadas lonxitudinalmente en forma de motas pardas a vermellas, que poden estar moi difuminadas. Tamén poden aparecen barras transversal. Destrás da cabeza aparece unha mancha en forma de U, nos laterais manchas escuras reducidas.

Hábitat e ecoloxía

Vive a celta altitude en zonas abundantes en arbustos e matogueiras de toxo (Ulex europaeus), carqueixas (ericas), etc... asi coma en zonas rochosas, e a súa alimentación baséase nos réptiles e pequenos mamíferos, polo que no Monte Pindo atopan un hábitat idóneo, sendo mesmo observada despois do gran incendio de 2013.

Protección

Malia que a nivel mundial conta con protección menor, en Galiza conta cun nivel especial de protección na Lista y Catálogo Español de Especies Amenazadas.

Bibliografía

  • Imaxe que acompaña o artigo tomada por Cuco Pino no Monte Pindo
  • Galipedia (Cobra): http://gl.wikipedia.org/wiki/Cobras
  • Asturnatura.com: http://www.asturnatura.com/especie/coronella-austriaca.html
  • Lista y Catálogo Español de Especies Amenazadas
 
TOP