Allo de cegoña
É unha especie pertencente á familia das amarilidáceas.É unha herba perenne coas flores vermello intenso chaman a atención. Cun cheiro intenso a allo do seu tallo e bulbos. Esta planta de entre 40 e 80 cm atópase fácilmente en terras de cultivo, en camiños e pastizales. O tallo é oco, cilíndrico e non sempre erecto, senón que se pode torcer.
Esta planta caracterízase na aparición doutros bulbos engrosando a parte basal do tallo.
O seu floración dáse entre abril e xuño con inflorescencia en umbela simple, extrema, sen bulbillos e que pode chegar a medir ata 8 cm de diámetro, do tálamo parten máis de 20 radios ou pedicelos de distinto tamaño, para tomar esa forma oval que ten a umbela. A flor con pétalos alargados e ovados é aquillada, lanceolada, case está pechada e dela pódense distinguir como sobresaen os estambres. O froito preséntase en cápsula.
Usos
Allium sphaerocephalon é resistente a pleno sol e con inflorescencias vistosas polo que se usa en xardinería, polo xeral o xénero Allium é moi usado en xardinería dada a súa gran variedade de umbelas e a súa fácil reprodución por sementes e bulbos.Curiosidades
É atacado polo insecto Agrotis segetum, un lepidóptero que se alimenta das raíz da planta e son capaces de poñer ata 2000 ovos.
Taxonomía
Allium sphaerocephalon foi descrita por Carlos Linneo e publicado en Species Plantarum: 297 (1753).1 2 3Etimoloxía
- Allium: nome xenérico moi antigo. As plantas deste xénero eran coñecidos tanto polos romanos como polos gregos. Con todo, parece que o término ten unha orixe celta e significa "queimar", en referencia ao forte cheiro acre da planta. Un dos primeiros en utilizar este nome para fins botánicos foi o naturalista francés Joseph Pitton de Tournefort (1656-1708).
- sphaerocephalon: epíteto latino que significa "coa cabeza esférica".
Cita en IGLESIAS LOUZÁN, RAMIRO. Catálogo da Flora Vascular do Concello de Carnota (1998, inédita)
IUCN Red List of Threatened Species: DD