Cargando...

Canis lupus


Lobo

O lobo gris (Canis lupus), coñecido sinxelamente como lobo, é o maior membro en liberdade pertencente á familia dos Cánidos. É un supervivente da idade de xeo orixinada durante o Plistoceno Superior, hai uns 300.000 anos. A súa secuencia de ADN e mais os estudos sobre deriva xenética indican que o lobo gris comparte un devanceiro común co can doméstico (Canis lupus familiaris), sendo o seu parente máis achegado, malia ser esta afirmación rexeitada por algúns expertos que sinalan grandes diferenzas no tocante á súa morfoloxía e comportamento. En liberdade foron identificadas un gran número de subespecies de lobo, aínda que o seu número exacto segue a ser un tema de debate. Os lobos son tipicamente superdepredadores nos ecosistemas nos que moran. Malia non seren tan adaptábeis como o son algúns dos seus parentes cánidos, os lobos lograron prosperar en fragas temperadas, desertos, montañas, tundra, taiga, pradeiras, e incluso zonas urbanas ou intensamente humanizadas, como é o caso de Galicia.

Tendo sido abondoso noutras épocas ao correr de Europa, Asia e Norteamérica, na actualidade a distribución do lobo no mundo minguou salientabelmente por mor da destrución dos seus hábitats e da persecución sufrida polo home. A pesar desta persecución, o estado do lobo no mundo é considerado pola Unión Internacional pola Conservación da Natureza como pouco preocupante. A día de hoxe, os lobos son unha especie protexida en moitos lugares, aínda que segue a ser cazada como especie cinexética ou daniña noutros.
Nalgunhas culturas como a galega, o lobo está moi presente na súa etnografía, debido ao vencello que une á presenza do lobo nas áreas rurais nas que até hai pouco vivía a meirande parte da poboación galega.
A especie de lobo que habita en Galicia é o Lobo ibérico.

O lobo gris é a especie que habita en Galicia; atópase tamén en case toda Europa, Asia, así como en América do norte.
Un lobo gris adulto pode chegar a medir 1,6 m de longo(incluíndo o rabo) e pode pesar ata 80 Kg. A cor da pelaxe adoita ser negra, marrón e grisácea polo lombo e branca no peito. Os lobos que habitan preto do ártico adoitan ser completamente brancos. Todos os lobos posúen uns dentes moi poderosos, cola peluda, pupilas redondas e un potente olfacto. O lobo pode habitar en áreas moi distintas, pradeiras, bosques e tundras, pero nunca en montañas moi elevadas.

http://aae.medioambiente.xunta.es/aae/VerArquivo.do?idd=3271
Lista y Catálogo Español de Especies Amenazadas: ESP
Libro Rojo de mamíferos terrestres de España: NT http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/inventarios-nacionales/47_carni_tcm7-22022.pdf
IUCN Red List of Threatened Species: LC
Pegada fotografada por Mario Maceiras
Excremento avistado por Alfredo López o 29/06/13
 
TOP