Cargando...

Araneus diadematus


Araña de xardín

Imaxe: Laura Caamaño
A araña de xardín (Araneus diadematus) é unha especie moi coñecida de araña en todo o occidente de Europa e en boa parte de Norteamérica. Tamén está presente en Galicia.

Descrición

Os individuos de araña de xardín presentan unha ampla variedade cromática, dende o amarelo claro ao gris moi escuro, pero todas elas teñen unhas características manchas brancas na parte exterior do abdome. Estas manchas dispóñense en liña ao longo da parte máis elevada do abdome, e van decrecendo de tamaño conforme se achegan ao extremo da araña. Estas manchas brancas, que dividen o abdome en cinco segmentos e que adquiren o aspecto dunha cruz, son depósitos de guanina.

Comportamento

A araña de xardín e boa tecelá e aliméntase de insectos voadores. A súa trabada non é perigosa para os seres humanos. Cando se sente ameazada, a araña de xardín recolle os seus membros ata formar unha pequena unidade compacta.
Seguinte
Esta é a primeira ficha.
Publicación máis antiga
 
TOP