Cargando...

Felis silvestris


Gato montés. Gato bravo

O gato montés ou gato bravo (Felis silvestris) é un mamífero carnívoro da familia dos félidos moi parecido ao gato doméstico. As diferenzas máis características son: o gato montés é meirande que o gato común, máis robusto, cunha cola grosa e peluda. A cabeza é máis ancha, as orellas son pequenas e os ollos de cor ámbar ou verdosa. A pelaxe agrisada, algo parda, con raias escuras por todo o corpo menos no ventre, que é de cor branca pardusca, ás veces con manchas negras.
A lonxitude da cabeza e do corpo está entre os 50 cm e os 80, e o rabo mide sobre os 25 cm e os 35. O seu peso é de 5 a 10 kg.
O gato montés ten unha media de vida entre os 6 e 12 anos.

Alimentación

O gato montés é un animal nocturno e solitario. Habita nos bosques e montes.
É un animal carnívoro, que se alimenta de roedores, paxaros, anfibios, réptiles e algúns insectos. Estímase que ten unhas necesidades alimenticias duns 500 gramos ao día.

Reprodución

O gato montés aparéase entre febreiro e marzo, é polígamo, polo que unha femia pode ser apareada por varios machos.
A xestación dura entre 63 e 69 días, e en abril ou maio comeza a época de parto, a femia dá a luz no interior do tobo a unha camada de entre 1 a 8 cachorros, aínda que o habitual é de 3 a 4. Os gatiños ao naceren non abren os ollos ata os 10-12 días, e son amamantados durante 4 semanas. Aos 3-4 meses independízanse, aínda que seguen cazando coa nai unha temporada. Aos 10 meses alcanzan a madureza sexual, podéndose reproducir na seguinte temporada de celo.

Ameazas

En Europa o gato montés está considerada unha especie en risco, unha das causas é que se está a mesturar co gato común.

Gato montés na Galipedia
"Libro Rojo de mamíferos terrestres de España: NT http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/inventarios-nacionales/62_carni_tcm7-22036.pdf
Lista y Catálogo Español de Especies Amenazadas: ESP
IUCN Red List of Threatened Species: LC
http://aae.medioambiente.xunta.es/aae/VerArquivo.do?idd=3271
Un veciño falounos no 2011 dun suposto exemplar atropelado na estrada de Caldebarcos.
Descoñecemos se segue presente, posibilidade de proxecto de censo poboacional ao xeito do levado a cabo no Invernadoiro"
     
    TOP